Publicacións

Novo Escape na Fraga

Este pasado Venres, para despedir ao mes de setembro e empezar a poñer rumbo a outubro e ao outono, Trasno deixounos un xogo na Fraga para sumerxirnos na vida de Picasso. Todos os Aquilinitos e Aquilinitas pasáronno en grande. Podedes visitar a web do cole e alí veredes un vídeo resumo. Por aquí Trasno nos deixa un pequeno resumo do que foi o xogo. Un saúdo dende a Fraga. BREAK OUT vida PICASSO de Burbullas de PT

Proxecto de Biblio

Bos días Aquilinitos e Benvidos a Arte de Aprender. Empezamos o curso cun pequeno xogo para coñecer a quen adicaremos este ano o proxecto da nosa Fraga. Se queredes volver a realizar os xogos que vos propuxo o Trasno Aquilino, premede nos enlaces.

Semana das letras galegas

Este ano, como todos os anos, adicamos o 17 de maio á celebración das letras galegas. Este ano adícanse a Florencio Delgado e Trasno está moi contento porque preparou unha boa cantidade de actividades adicadas a todos os nenos e nenas do noso cole para formentar o uso das TICs na aula.

Semana do libro

Trasno tiña ganas de que o seu alumnado se convertira en personaxes de cómic para refacer refráns típicos galegos en frases memorables relacionadas cos libros. O resultado encantoulle e fíxonos un pequeno resumo das brillantes obras dos seus aquilinitos.

Contacontos Ana Meilán

Imaxe
  O pasado marzo, visitounos Ana Meilán, para realizar un contacontos por ciclos que deixou ao noso alumnado encantado. Cada un dos cursos ía desfrutar dun conto desta autora galega e lucense. Grande Ana, grande actividade! Viva a nosa lingua!

Día de Rosalía

  O 24 de febreiro naceu a nosa Rosalía, a defensora da nosa lingua, a escritora galega por excelencia e, por iso, ano tras ano celebramos o seu nacemento. Trasno este ano preparounos unha pequena actividade.

Chega o Entroido

 Como todos os anos, Trasno está deseando que chegue o entroido e para iso preparanos os seus mandatos. Estades preparados para cumplilos?